jueves, 16 de mayo de 2013

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL E AS SÚAS CONSECUENCIAS. GUERRA FRÍA E DESCOLONIZACIÓN


A Segunda Guerra Mundial foi o conflito bélico máis grave da historia. Nela estiveron implicados boa parte dos países do mundo e participaron a totalidade das grandes potencias. As súas causas remóntanse ao remate do primeiro conflito mundial. As súas consecuencias había definir os trazos fundamentais da política mundial ata finais do século XX.
O debilitamento das potencias europeas e a emerxencia e EEUU e a URSS deu orixe a unha nova orde mundial definido pola guerra fría. Esta caracterizouse por un estado de tensión permanente entre estas dúas superpotencias e o  entre estas dúas superpotencias e os seus respectivos bloques político-militares que persistiu ata finais da década de 1980.
Os vellos imperios coloniais a penas puideron sobrevivir ao impacto do conflito. Nas tres décadas que seguiron ao remate do conflito mundial foron desaparecendo e as colonias accederon á independencia política. O proxecto dalgún líderes da independencia de crear a partir dos novos Estados un novo polo nas relacións internacionais non aliñado cos bloques político-militares encabezados polas superpotencias tivo enormes dificultades para materializarse. A realidade deste Terceiro Mundo caracterizouse por graves problemas socioeconómicos (pobreza, desigualdade, subdesenvolvemento, dependencia) e políticos (conflitos internos, inestabilidade, autoritarismo).

Podedes descargarvos resumos sobre o tema premendo nestas ligazóns:

No hay comentarios:

Publicar un comentario