jueves, 16 de mayo de 2013

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL E AS SÚAS CONSECUENCIAS. GUERRA FRÍA E DESCOLONIZACIÓN


A Segunda Guerra Mundial foi o conflito bélico máis grave da historia. Nela estiveron implicados boa parte dos países do mundo e participaron a totalidade das grandes potencias. As súas causas remóntanse ao remate do primeiro conflito mundial. As súas consecuencias había definir os trazos fundamentais da política mundial ata finais do século XX.
O debilitamento das potencias europeas e a emerxencia e EEUU e a URSS deu orixe a unha nova orde mundial definido pola guerra fría. Esta caracterizouse por un estado de tensión permanente entre estas dúas superpotencias e o  entre estas dúas superpotencias e os seus respectivos bloques político-militares que persistiu ata finais da década de 1980.
Os vellos imperios coloniais a penas puideron sobrevivir ao impacto do conflito. Nas tres décadas que seguiron ao remate do conflito mundial foron desaparecendo e as colonias accederon á independencia política. O proxecto dalgún líderes da independencia de crear a partir dos novos Estados un novo polo nas relacións internacionais non aliñado cos bloques político-militares encabezados polas superpotencias tivo enormes dificultades para materializarse. A realidade deste Terceiro Mundo caracterizouse por graves problemas socioeconómicos (pobreza, desigualdade, subdesenvolvemento, dependencia) e políticos (conflitos internos, inestabilidade, autoritarismo).

Podedes descargarvos resumos sobre o tema premendo nestas ligazóns:

A CRISE DAS DEMOCRACIAS NO PERÍODO DE ENTREGUERRAS. O AUXE DOS FASCISMOS.


A fin da Gran Guerra foi seguida por un efémero triunfo da democracia en Europa. En 1919, tódolos Estados europeos agás Rusia e Hungría tiñan réximes formalmente democráticos. Sen embargo, a maioría das novas democracias revelarían unha enorme debilidade e habían ser substituídas por ditaduras de diversa caste. Entre as diversa fórmulas que revestiu o autoritarismo político durante o período de entreguerras, os fascismos habían constituír a máis novidosa e transcendente.

  • Podes descargarte un resumo do tema premendo nesta ligazón.
  • Excelente presentación sobre o tema en SLIDESHARE.


sábado, 9 de marzo de 2013

AS ECONOMÍAS CAPITALISTAS NO PERÍODO DE ENTREGUERRAS. Os EE.UU. da Prosperidade á Gran Depresión

Ao remate da Primeira Guerra Mundial, os Estados Unidos emerxeron como primeira potencia económica mundial. A recuperación das consecuencias do conflito foi moi costosa e problemática. Só superadas as dificultades posbélicas (reconstrución, paro, inflación) e contando co financiamento norteamericano puideron iniciar as economías europeas unha recuperación sostida. Mentres, a economía norteamericana continuaba nos felices anos 1920 unha fase expansiva. Sen embargo, as bases da prosperity viñan debilitadas pola sobreprodución (ou subconsumo) e por unha forte especulación financeira. O crac bursatil de outubro de 1929 desencadearía unha grave crise na economía norteamericana que axiña había mundializarse. A procura dunha saída á recesión forzou un aumento do intervencionismo estatal. O New Deal promovido por F.D. Rooselvelt nos EE.UU. dende 1939 había ser un bo exemplo desta ruptura coa ortodoxia económica liberal.

Podes descargarte un resumo do tema premendo AQUÍ.

Podedes complementar a información con esta ampla presentación:

Resultaranche tamén de grande utilidade estes breves vídeos elaborados xa hai algún tempo pola BBC para unha Historia do século XX:

jueves, 7 de marzo de 2013

A(s) REVOLUCIÓN(s) RUSA(s) E A FORMACIÓN DA URSS

A revolución rusa de outubro de 1917 representou o primeiro intento de crear un sistema político, económico e social alternativo ao capitalismo e ao liberalismo hexémonicos na época.
As revolucións rusas e a formación da URSS from quiquehs

Podes descargar este resumo directamente premendo AQUÍ

Para completar información podes revisar esta liña do tempo feita con TimeRime aínda incompleta (timerime.com)




Tamén podes ollar estes dous videos: